Volver

Visita de Félix López, especilista en Surf.

post
Ver más imagenes

Esta semana  visitounos Félix López, técnico deportivo na especialidade de surf. Veu  presentar aos nosos alumnos de 5º e 6º de Primaria, a ESO e 1º de BACH. esta modalidade deportiva que será deporte invitado nas próximas Olimpíadas : O Surf, e en concreto onde practicalo en Galicia.

Contounos como comezou a surfear aos 18 anos e que despois de traballar como electromecánico decidiu dar un xiro á súa vida e montar unha pequena empresa de tempo libre e dar clases de Surf.

Despois, xa no ximnasio, os rapaces puideron ver unhas táboas e os traxes de neopreno que se utilizan para practicar o deporte nas augas frías, tamén practicaron o equilibrio nunhas táboas de skate e o que más lles gustou foi a sensación de surfear sobre unha táboa de equilibrio.

Deixounos dúas ideas claras: a conexión que sente ao estar en contacto directo coa natureza e que cando tes un soño, tés que perseguilo.

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar