Actividades de Educación Infantil

Volver

DÍA DA PAZ 2020

post
Ver más imagenes

O alumnado do Colegio Vigo viviu un ano máis a festa da Paz e a Non Violencia. O lema deste curso foi Que bonito é saber que estás aí!  adicado sobre todo a amizade.

Coma sempre o punto de encontro foi o Salón de Actos onde comezamos cunha orixinal batalla de gallos ofrecida por dous alumnos de Segundo de Bacharelato que versaba sobre as luces e sombras das relacións entre amigos. Seguidamente o resto dos compañeiros presentaron o evento cunha orixinal representación onde as luces gañaban ás sombras cambiándolles as súas vestimentas negras por outras claras. Despois, o alumnado máis miúdo de Infantil ata Segundo de Primaria deleitounos coa canción “Dime niño cuántas letras tiene el nombre de mi amigo”.

Como é tradición un representante de cada curso leu o seu lema de Paz inscrito na silueta dun boneco e por último rematamos o acto cantando ao unísono ¡Qué bonito es querer! de Manuel Carrasco, como canción escollida de Paz para o curso 2019-20.

Os corredoiros do Centro tinguíronse de pombas de paz, mandalas, corazóns e preciosas mensaxes durante as semanas previas ao día da Paz e a non violencia.

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar